ANPE Castilla – La Mancha

×
ANPE CLM

OPOSICIONES GALICIA 2019. LISTAS PROVISIONALES ADMITIDOS Y EXCLUIDOS

OPOSICIONES GALICIA 2019. LISTAS PROVISIONALES ADMITIDOS Y EXCLUIDOS
22 mayo / 2019
Esta Noticia se ha leído veces

WEB – Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas do concurso-oposición ao corpo de PES, PT, EOI, profesores de música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as as listas provisionais de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 21 defebreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 48 do 8 de marzo).

O prazo de reclamacións contra estas listas é de cinco (5) días hábiles e comeza o venres día 17 de maio e remata o venres día 24 de maio de 2019. As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de acordo co establecido na base sexta da Orde do 21 de febreiro de 2019.

Para realizar reclamacións á lista provisional de persoas admitidas e excluídas deberá acceder a sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada

Unha vez acceda á sede:

1º Identificarse co seu usuario e contrasinal

2º Premer no botón Acción do código de procedemento ED001A 2019/…

3º Aparecerá unha mensaxe coa seguinte lenda: Alegacións

4º Cubrir o formulario, anexar a documentación se é o caso, asinar e presentar electronicamente

No caso das persoas que non figuren na listas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para alegacións deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.

Resolución pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído

Listaxe provisional de persoas admitidas primaria

Listaxe provisional persoas admitidas secundaria

Listaxe provisional persoas excluídas primaria

Listaxe provisional persoas excluídas secundaria

Noticias Relacionadas

Número de visitas

Último Número

junio 2019
L M X J V S D
« May    
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Acceso Afiliados

¿Contraseña perdida?